Crear o camiño
Deseñas á man libre grandes ideas sobre panos de mesa e notas adhesivas? O arquivado preciso é máis o teu estilo? OneNote axúdache calquera que sexa o xeito de dar forma aos teus pensamentos. Escribe a man ou cun teclado o debuxa cun lapis de forma libre no papel. Busca e recorta da web para reflectir ideas.

Colabora con calquera
O teu equipo vai ter á idea do século. A túa familia está a planear o menú dunha gran reunión. Mantente na mesma páxina e sincronízaa onde esteas.

Pensar coa entrada manuscrita
Preparado. Listo. Debuxa. Unha pluma ou un dedo é a única ferramenta que precisas. Toma notas escritas a man e convérteas en texto escrito máis tarde. Destaca o que é importante e expresa ideas con cores ou formas.

Acceso desde calquera lugar
Toma nota. Cargar contido desde calquera lugar é fácil, mesmo se estás sen conexión. Inicia o teu caderno de notas e, logo, actualiza as notas no teléfono. OneNote funciona en calquera dispositivo ou plataforma.

-
Windows
-
Apple
-
Android
-
Web
Mellor con Office
OneNote é un membro da familia de Office que xa coñeces. Da forma a notas con puntos extraídas do correo electrónico de Outlook ou incorpora unha táboa de Excel. Fai máis con todas as túas aplicacións favoritas de Office traballando xuntas.

Conéctate na aula
Xunta aos alumnos nun espazo colaborativo ou fornece asistencia individual en cadernos de notas privados. Sen imprimir folletos. Podes organizar leccións e distribuír tarefas desde unha biblioteca de contidos central.
Descubre o caderno de notas de clase
